Novas ÚLTIMAS NOTICIAS

16-11-2018 - "XLII CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO 2018 ( TREN DAS TERMAS)"

   Comunícase aos  usuarios do Tren das Termas, que o  vindeiro día  18 de Novembro con motivo da “XLII Carreira Pedestre Popular  San Martiño 2018”, suspenderemos o servizo entre entre as 10:00  e as 14:00h. Pola tarde o tren recupera o seu horario habitual.

16-11-2018 - "XLII CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO 2018 ( TRANSPORTE URBANO)"

Comunícase aos usuarios do Servizo do Transporte Urbano de Ourense, que o vindeiro día 18 de Novembro entre as 10:30 e as 14:00h, con motivo da “ XLII Carreira Pedestre Popular San Martiño 2018”, os autobuses sufrirán retencións nos seus percorridos.

 

                Itinerario da proba :


 

Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Rúa do Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Rúa Galicia, Rúa Fernández Oxea, Rúa Lugo, Padre Feijoo, Rúa Colón, Rúa Moratín, Rúa Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodriguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. de Santiago Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela. 

 

 

Ó remate da carreira restablecerase o servizo con normalidade.

16-11-2018 - "OBRAS NA RÚA VASCO DÍAZ TANCO"

Comunícase  aos usuarios das líñas 1 “Seixalbo - Quintela” e 13B “ Palmes – Cuña” que debido  as  obras na Rúa Vasco Díaz Tanco o luns 19/11/2018 entre as 09:00h e as 23:00h  no momento en que se corte o tráfico, os autobuses  farán o seu  percorrido en ambos sentidos  pola Avenida de Zamora.

29-10-2018 - "SERVIZOS EN FIEIS DEFUNTOS"

 

Comunícase ós usuarios do Transporte Urbano da cidade  de Ourense que os vindeiros días  31  de Outubro, 1 e 2 de Novembro poránse dous autobuses con saída da Estación de Autobuses e do Vinteún en dirección Cemiterio de Santa Mariña, facendo parada no Cemiterio de San Francisco, para así reforzar o servizo actual ( VER HORARIOS).

 
29-10-2018 - "LIÑA 11A " SANTA MARIÑA - OIRA""

Comunícase aos usuarios do Transporte Urbano da cidade  de Ourense que o vindeiro día 31 de Outubro, a liña 11A “ Santa Mariña - Oira” reforzará o servizo actual subindo ao cemiterio de Santa Mariña as 11:15h e 12:30h da mañá.